XIV Festival Revoltallo, do 13 o 19 de Agosto no Monte Alba, Vigo - ENTRADA DE BALDE















HISTORIA
O Revoltallo é un festival moi especial que se fai ó aire libre nun marco incomparable e de magnánime beleza,
onde a entrada e a acampada son gratuítas e cada día da semana está adicado a un estilo musical diferente.
O tempo transcorre dun xeito máxico e brinda posibilidades de facer actividades durante todo o día, un sitio
para coñecer e darte a coñecer disfrutando dun ambiente único.

Esta idea xorde tentando satisface-las inquedanzas músico-culturais do maior número de xente posible.Os encargados de levar a cabo esta ‘Argallada’ somos Xuntanza Xuvenil , asociación vinculada ó
C. V. C. Valladares. Esta é unha organización non lucrativa (O.N.L.) onde os beneficios reais reinvírtense en
tódolos actos lúdico-culturais que promove a asociación, como na seguinte edición do festival, en actos
culturais diversos, ciclos de narrativa, exposicións, excursións, concertos, e demais cousas que Xuntanza
Xuvenil organiza ó longo do ano.

Dende xa fai máis de once anos o Revoltallo de Música Emerxente vén sendo unha cita obrigada para moitos
xoves de toda a comunidade. Con este, o décimo segundo aniversario, seguimos a se-lo festival máis antigo
e de maior duración de toda Galicia, levando a cabo unha semana de concertos ó aire libre, onde os asistentes
poden disfrutar de cada un dos grupos participantes en cada edición e de forma totalmente gratuíta.

As dúas principais ideas do Revoltallo son apoiar
ós xoves e grupos da nosa cidade, dándolles a oportunidade de participar e tocar a carón de grupos de recoñecida traxectoria e cun nome importante na escena musical, veña sendo nacional ou internacional, e ofrecer asimesmo unha alternativa única no panorama dos eventos musicais.

Ó longo destes once anos tocamos estilos tan opostos como o Jazz, Hip- Hop, Reggae, Ska, Música Étnica,
Techno, Metal Extremo, Hardcore, Punk ou Novas Tendencias.
Grupos como The Killer Barbies, Reincidentes, Callenish Circle, Ancient Rites, Los Verdaderos Kreyentes de la Religión del Hip- Hop, Elephant Band, Karbon 14, Alberto Bundi e a Turma, Ke Rule, Embrace Me Ocean, Fallen Sentinel, Shroud Of Tears, The Dismal, Kormoss, Ramp, Eternal Mourning, Estirpe, Ynercia, Pyramid, Avulsed, Deathless, Prozac, Skunk D. F., Biotech, Estirpe, Sphinx, Coilbox, Terroristars, Vikingo MD, Factor X, User Ne, Mistweaver, Heavenwood, Iván Ferreiro, Escuela de Odio, Strawberry Hardcore, Terroristars, etc. son algúns dos grupos que xa pasaron polo escenario do Revoltallo ó longo de todas estas ‘idílicas’ edicións.

WWW.REVOLTALLO.ORG - DO 13 Ó 19 DE AGOSTO NO MONTE ALBA, VIGO